publicidade hoxe

Pereiras, en Mos, acolle a concentración de coches Volkswagen Golf “IV Golfmanía”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalMos
A-
A+

14052013-12O vindeiro venres, día 17 de maio, desenvolverase en Pereiras a concentración de coches Volkswagen Golf, IV Golfmanía.

Os interesados en participar poderán inscribirse no punto de saída, en Pereiras, o propio día do evento en horario de 09.00 horas a 10.30 horas.

Ás 10.30 horas da mañá terá lugar a saída de tódolos vehículos concentrados que realizarán a ruta Pereiras, Porriño, Tui, A Guarda, Oia, Baiona, Gondomar e regreso a Mos. Concretamente a ruta rematará en Petelos, na Festa do Ovo Estrelado con Chourizo e Pan de Millo, que se celebrará no Pavillón Óscar Pereiro.

14 de maio de 2013 | 17:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.