publicidade hoxe

Peche de Otero Pedraio polas obras do Tren do Eixo Atlántico

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPontevedra
A-
A+

Os traballos de execución do Tren do Eixo Atlántico ao seu paso pola cidade obrigan a pechar a rúa Otero Pedraio a partir do luns, 20 de maio, e durante dúas semanas. Segundo comunicou a empresa ao Concello, precisa facer un cambio da tubaxe de abastecemento de auga que vai polo eixo da estrada actual.

Trátase dun peche parcial da rúa que afectará ao carril de entrada á cidade. O sentido de saída cara a intersección do Marco por Otero Pedraio
mantense aberto ao tráfico.

A Policía Local recomenda aos conductores que precisen entrar pola cidade por esa zona que circulen por Conde Bugallal cara ao barrio da Parda para entrar pola ponte nova dos xulgados (rúas das Hortas), para ir cara Doce de novembro e Eduardo Pondal.

16 de maio de 2013 | 19:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.