Pechado o prazo de aceptación do XXI concurso literario Xaime Illa Couto
Pechado xa o prazo de aceptación de traballos ao XXI concurso literario Xaime Illa Couto, o xurado reunirase o vindeiro martes 7 de maio ás 20:30 h. para valorar os 142 relatos e poemas. A participación aumentou este ano en todas as categorías de idade, especialmente na categoría F, para maiores de 18 anos.
Coma nas últimas edicións, o xurado, formado polos representantes das asociacións que forman parte do Consello Municipal de Cultura, recibirá o asesoramento do escritor Xesús Constela para facer a valoración desta categoría.
A entrega de premios aos gañadores e gañadoras terá lugar o 17 de maio, no transcurso do acto de celebración do Día das Letras Galegas.











