publicidade hoxe

Participantes no programa de habilidades sociais para persoas con dispacidade intelectual ou cognitiva visitarán a Casa Consistorial

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoiroLocal
A-
A+

O Alcalde e a Concelleira de Servicios Sociais Beatriz Deus recibirán aos participantes no Programa “Habilidades Sociais para Persoas con Discapacidade Intelectual ou Cognitiva”.

Este proxecto do departamento de Servicios Sociais que se ven desenrolando dende o pasado 16 de febreiro nace da idea de facilitar no maior grado posible a integración das persoas con discapacidade intelectual ou cognitiva, dotándolles das ferramentas necesarias para un adecuado desenrelo da súa autonomía e independencia persoal.

Durante a maña do luns visitarán o Xulgado de Paz e instalacións da  Casa Consistorial coñecendo ao Alcalde, Policía Local e os distintos departamentos.

Simularanse situacións tales como a de solicitar un certificado de empadroamento, presentación de instancia,  reclamación en consumo ou no dpto.de medio ambiente, así como realizar unha inscripción nalgunha das actividades ofertadas nos departamentos de cultura e/ou deportes.

3 de maio de 2013 | 17:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.