Parada de Sil celebra de novo o Día das Letras Galegas homenaxeando ao profesor Prieto Casares
O vindeiro día 11 de maio ás 12hs no salón de plenos e de usos múltiples do concello de Parada de Sil voltarán os conveciños a celebrar o día das letras galegas por sexto ano consecutivo.
Este ano o Concello elixiu ó profesor recentemente xubilado D. Eduardo Prieto Casares, nacido na Casa de Viana en Parada de Sil, que exerceu o seu traballo profesional en Madrid,para renderlle una homaxe. Licenciado en Filosofía e letras pola Universidade de Salamanca foi profesor de Lingua española. Farase entrega dunha placa como recordo do acto e para recordar a memoria, colocarase unha placa na casa de nacemento.
O ato contará coa presencia da coral Vellos Amigos de Ourense e no mesmo presentarase o libro “Folliñas que levou o tempo. Contos da Ribeira Sacra” editado pola Deputación provincial, institución a que o Alcalde, Francisco Magide agradece a colaboración.
As mesmo en dito acto e có animo de acercar as letras ós conveciños, as gañadoras do 1º Concurso de Microrrelatos Parada de Sil Ribeira Sacra darán lectura os seus traballos e recollerán o premio.