Palas de Rei acolle un campo de traballo de ámbito internacional “New emprende” en xullo
Durante os meses de xullo e agosto do ano 2013 O Campamento Xuvenil “Os Chacotes”, en Palas de Rei acollerá a uns 500 rapaces de Galicia e doutras comunidades 13 a 15 anos que participarán nas actividades como escalada en rocódromo, bicicleta e piscina,…
Por outra banda, o mesmo campamento dos Chacotes acollerá entre os días 17 e 28 de xullo un campamento de traballo denominado New emprende. Trátase dun Campo de Dinamización Emprendedora de Galicia. O obxectivo é crear unha actividade multidisplinar relacionada cun campo de traballo a través do emprendemento para a dinamización social de Galicia.
Para iso contará coa participación dun grupo duns 20 rapaces procedentes de distintos países, maioritariamente europeos de idades comprendidas entre os 23 e os 30 anos.
Esta temática parécenos importante, única, innovadora e arriscada tanto en canto que en Galicia se continúa cos campos de traballo sociais, onde a formación dos rapaces vai dirixida á realización de traballos onde a comunidade perceptora reciba un servizo concreto que se realiza dun xeito altruísta.
Entre os programas a levar a cabo está a de crear unha actividade dinamizadora para o tecido empresarial do Concello de Palas de Rei, na que se inclúen, entre outras, as seguintes actividades didácticas:
– Microproxectos “xóvenes emprendedores” no que os voluntarios elaborarán microproxectos, en pequenos grupos, para dinamizar e axudar aos pequenos empresarios de Palas de Rei
– Programa dinamizador “destino Palas de Rei”, no que os voluntarios elaborarán un produto turísticos dinamizador.
– Coaching empresarial, orientado ao desenvolvemento rural baseado no turismo deportivo.
Un dos grandes valores deste proxecto é o intercambio cultural que terá lugar xa que xunta na mesma actividade a un grupo moi diverso de voluntarios, con distinta formación e distinta procedencia que traballarán en conxunto para un mesmo obxectivo, e darán a coñecer Palas de Rei nos seus países de orixe.
Na mañá de hoxe o alcalde Palense, Pablo Taboada acompañado de técnicos da empresa encargada da execución do proxecto New emprende visitaron as instalacións en Palas de Rei donde se desenvolverán as Xornadas de Traballo











