Ourense traballa nun acordo coa Confederación Hidrográfica para subsanar as deficiencias nos paseos do Loña e Untes
O goberno municipal do Concello de Ourense e a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil traballan na busca dun acordo que permita dar unha solución ás deficiencias detectadas na marxe esquerda do paseo peonil do río Loña e o que comunica as localidades de Untes e Outariz, na marxe dereita do río Miño.
As concelleiras de Medio Ambiente, Susana Bayo e Urbanismo, Áurea Soto mantiveron unha xuntanza con responsables de Confederación aos que trasladaron a proposta do Concello que permita acadar un acordo que solucione os problemas dambas rutas peonís. As concelleiras comunicaron as liñas principais da proposta de acordo plantexada polo Concello ao organismo de conca aos grupos con representación municipal no transcurso da Xunta de Área que tivo lugar esta mañá no Concello.
No caso do paseo peonil que comunica Outariz con Untes, unha sentenza xudicial obrigou a pechar o paso nun dos seus puntos por atravesar parcialmente terreos de titulariedade privada, como consecuencia da denuncia dun particular.
Neste caso, o Concello propuxo á Confederación realizar unha modificación provisional do trazado que consiste en desviar lixeiramente a ruta, deixándoa un pouco máis cerca do río, para que rodee os terreos privados, sen chegar nunca a invadilos. Se a Confederación, organismo competente en asuntos relativos aos cauces fluviais, autoriza este cambio, o Concello procederá a expropiar os terreos precisos para que no futuro o camiño recupere o seu trazado inicial.
No caso do paseo peonil do río Loña, a Confederación Hidrográfica detectou deficiencias no seu trazado na marxe esquerda do río, polo que requería do Concello o peche deste camiño.
Trala xuntanza mantida co organismo de conca, o Concello propuxo á Confederación realizar as modificacións precisas no camiño para dar cumplimento aos seus requerimentos. Concretamente: distanciar do río a pasarela peonil, nun tramo de aproximadamente 8 metros, e distanciar en 5 metros máis do río o aramado do paseo.
O Concello comprometeu subsanar ambas deficiencias modificando parcialmente o percorrido e realizar as expropiacións necesarias no prazo máis breve posible.
Ante este compromiso, o principio de acordo plantexado á Confederación permitiría que o camiño siga aberto e non interrumpir o seu funcionamento habitual.
As concelleiras de Urbanismo e Medio Ambiente asinaron a providencia pola que se ordea a redacción dos dous plans de obra, tanto o relativo á ruta Outariz-Untes como á senda na marxe esquerda do río Loña, incluíndo a valoración da expropiación.
Unha vez redactados os plans de obra, o Concello os presentará a Confederación coa finalidade de acadar un acordo definitivo, que permita que os cidadáns de Ourense podan seguir desfrutando destes paseos fluviais.