Ourense organiza unha xornada de animación con múltiples propostas de xogos para os nenos este sábado no Pavillón dos Remedios
A Concellería de Participación Cidadá do Concello de Ourense organiza este sábado, día 1 de xuño, a xornada de animación “Móvete cos Peques”, que terá lugar no Pavillón dos Remedios, de 16:00 a 20:00 horas. Tódolos nenos de entre 3 e 12 anos que o desexen, e os seus pais, poderán achegarse a esta actividade, de balde, na que disporán de diferentes propostas para o seu tempo de lecer. A xornada está organizada no marco do programa “Móvete cos peques”, que desenvolve ao longo de todo o ano a Concellería de Participación, con actividades para os máis cativos en diferentes barrios da cidade.
Os interesados poden participar gratuítamente, sen necesidade de inscrición previa, achegándose o propio sábado ao Pavillón dos Remedios.
No Pavillón dos Remedios habilitaranse varias zonas de actividades:
1. Zona de xogos, con 3 actividades simultáneas:
– Xogos deportivos (baloncesto, fútbol sala…)
– Xogos populares (pilla, pano…)
– Xogos con materiais (brilé, frisbie…)
2. Campionatos 3×3 (fubol sala, baloncesto…)
3. Obradoiros de pastelería creativa (tarta, galletas, gominolas), en grupos reducidos
4. Zona de artes (2 actividades simultáneas). Realización de:
– 4:00 Figuras e títeres. Tatuaxes. Mural dos barrios
– 5:00 Debuxo, molinillos, globoflexia
– 6:00 Cómic xigante: papirofelxia, origamis, pompas de xabón xigantes
– 7:00 Cómic xigante, armaduras de cartón. Decoración de camisetas. Malabares. Maquillaxe e pulseiras
5. Zona de bailes: Zumba (4:30h), Baile moderno (5:30), Danzas 7 pasos e baile infantil Hércules (6:30) e 7:30 (Baile Latino)
Esta actividade enmárcase no programa “Móvete cos peques”, que organiza a Concellería de Participación Cidadá, ofertando cada sábado pola mañá a realización de actividades lúdicas para os máis cativos en diferentes barrios da cidade. Unha iniciativa con vocación lúdica, que ven contribuír a axudar á conciliación da vida familiar e laboral dos pais.
Andaina cos nenos
O programa de actividades inclúe unha derradeira proposta para este curso, coa organización da Andaina “Móvete cos peques”, que terá lugar o sábado, día 15 de xuño, aberta a tódolos participantes que o desexen. A ruta comezará no Pavillón dos Remedios ás 10:00 horas, e percorrerá o Paseo das Ninfas ata Outariz, onde se realizarán xogos ao aire libre e regresando ao punto de saída.











