publicidade hoxe

Ourense organiza a sexta Semana adicada aos Maiores, cun programa de actividades de lecer, deportivas e culturais en maio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalOurense
A-
A+

As persoas maiores serán os principais protagonistas durante a última semana do presente mes de maio na nosa cidade.  A Concellería de Benestar Social do Concello de Ourense organiza dende o día 27 ata o 31 de maio a sexta edición da Semana adicada aos maiores, cun amplo programa de actividades de lecer, deportivas e culturais, nas que poderán participar tódalas persoas maiores de 60 anos que o desexen.

O programa dá continuidade ás propostas que se desenvolveron o ano pasado con gran éxito de participación, como o Tai-Chi, o teatro, a actuación de corais e a comida de confraternidade, e incorpora este ano como principal novidade o Cachibol (tódolos días, ás 11:00, no Xardín do Posío) Tamén haberá a tradicional visita turístico-cultural, que este ano terá como destino a Mariña Lucense.

Tódalas actividades son gratuítas, agás a comida de confraterninade, que terá un prezo de 13 euros.

Programación completa:

 Luns 27 de maio

10:00 horas (Praza Maior): Presentación da VI Semana adicada aos Maiores. A continuación, demostración de Tai Chi ó aire libre. Asistencia libre.

11:30 horas (Xardín do Posío) Cachibol. Asistencia libre.

20:30 horas (Teatro Principal): Representación da obra teatral “Fuenteovejuna”, polo grupo de teatro da terceira idade de Ourense Aturuxo.

Martes 28 de maio

10:00 horas (Xardín do Posío): Tai Chi ó aire libre. Asistencia libre.

11:30 horas (Xardín do Posío) Cachibol. Asistencia libre

20:30 horas (Teatro Principal): Representación da obra teatral “Fuenteovejuna”, polo grupo Aturuxo.

Mércores 29 de maio

10:00 horas. (Xardín do Posío): Tai Chi ó aire libre. Asistencia libre

11:30 horas (Xardín do Posío) Cachibol. Asistencia libre

20:30 horas. (Paraninfo do IES Otero Pedrayo): Recital de Corais, coa participación de Coral Gaudeamus e Cantareiras de Agarimo. Asistencia libre

Xoves 30 de maio

10:00 horas (Xardín do Posío): Tai Chi ó aire libre. Asistencia libre

11:30 horas (Xardín do Posío) Cachibol. Asistencia libre

14:30 horas (Restaurante “A Carballeira de Santa Cruz”): Comida da VI Semana adicada aos maiores. (Prezo: 13 euros).

16:30 h. (Restaurante “A Carballeira de Santa Cruz”): Baile.

Ás 13:45 horas sairán autobuses de Tras Alameda con destino ao restaurante e con regreso ao rematar a sesión de baile.

Venres 31 de maio

8:30 horas (Saída dende Tras Alameda): Visita turístico cultural pola Mariña Lucense.

10:00 horas (Xardín do Posío): Tai Chi ó aire libre. Asistencia libre

11:30 horas (Xardín do Posío Cachibol. Asistencia libre

Invitacións desde o luns

Tódolos interesados en asistir ao teatro e á visita turístico-cultural poderán solicitar as súas invitacións a partir do vindeiro luns, día 20 de maio, nas oficinas da Concellería de Benestar Social do Concello de Ourense, na rúa Bispo Carrascosa, número 14. As prazas son limitadas.

Os interesados en asistir á comida do día 30 deberán facer a súa reserva entre os días 20 e 28, e abonarán o seu menú no restaurante o día da comida. Para máis información poden achegarse á Concellería de Benestar Social, ou chamar ao teléfono 988 388171.

869 participantes en 18 cursos e obradoiros

A Semana dos Maiores ven ser o colofón do programa de Promoción da Autonomía Persoal e Prevención da Dependencia que desenvolve a Concellería de Benestar Social ao longo de todo o ano, ofertando ás persoas maiores de 60 anos residentes na cidade, numerosas propostas de actividades saudables, culturais, formativas e de lecer.

Concretamente, no curso 2012/2013 desenvólvense un total de 18 cursos e obradoiros, cun total de 869 prazas cubertas, repartidas en 39 grupos diferentes: 10 grupos de Informática (5 no nivel de Iniciación, 3 de Perfeccionamento e 2 Avanzado), 3 grupos de Pintura, 2 de Manualidades, 1 de Música, 1 de Teatro, 1 de Actividade física e memoria, 2 de Risoterapia, 4 de Estimulación da memoria, 1 de Animación á Lectura, 1 de Habilidades Sociais, 2 de Tai-Chi. 2 de Pilates, 4 de Ximnasia, 2 de Natación (1 no nivel de Iniciación e outro en Perfeccionamento) e 1 de Cachibol.

Os participantes son, en total, 652 persoas diferentes, que asisten a un máximo de 3 actividades, con predominio das mulleres (491) fronte aos homes (161).

14 de maio de 2013 | 16:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.