Ourense amplía a rede de centros cívicos municipais coa apertura do Centro Cívico de Seixalbo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOurense
A-
A+

O Concello de Ourense ampliará a rede de centros cívicos da cidade coa apertura, pasado mañá, xoves, día 23 de maio, do novo Centro Cívico de Seixalbo, o sexto da rede de equipamentos de benestar social posta en marcha polo Concello de Ourense nos diferentes barrios da cidade durante os últimos 4 anos (xunto cos de Colón-Casco Vello, Ceboliño, A Cuña, A Ponte e As Termas).

O alcalde de Ourense, Agustín Fernández inaugurará este novo centro cívico nun acto que terá lugar o xoves, ás 19:30 horas, no que participarán asociacións e colectivos de Seixalbo, e que incluirá a actuación da coral da asociación de veciños e do grupo Os Perkutores desta localidade ourensá.

O centro, sito na rúa Estreita, número 1, abrirá de luns a venres de 10:00 a 13:00 e de 16:30 a 20:00 horas, e os sábados de 10:00 a 13:00 horas, e acollerá tanto as actividades organizadas polo Concello como tamén as promovidas polos propios veciños e asociacións da zona.

As obras consistiron na rehabilitación dun edificio coa finalidade de convertelo no novo punto de encontro para tódolos veciños desta localidade ourensá, un espazo aberto á cidadanía ó que poderán acudir maiores, mozos e nenos.

O edificio ten una superficie de 400 metros cuadrados que se distribuiron de xeito que os cidadáns podan desenvolver obradoiros, cursos, charlas ou conferencias, facer uso da rede informática, ler e disfrutar do tempo de lecer, contando tamén cun espazo para os cativos. As obras supuxeron un investimento total de 346.876,09 euros. O inmoble fora adquirido previamente polo Concello por un importe de 90.000 euros.

As instalacións inclúen sala de lectura, sala de informática, ludotecas e espazos multiusos e polivalentes para o desenvolvemento de diferentes actividades.

Este novo equipamento ven ampliar a Rede de Centros Cívicos que o Concello está a poñer en marcha nos últimos 4 anos en diferentes barrios da cidade, formada xa por 5 equipamentos: rúa Colón-Casco Vello (inaugurado en outubro de 2008), Ceboliño (agosto de 2010), A Cuña (novembro de 2010), A Ponte (marzo 2011) e As Termas (marzo 2011).

21 de maio de 2013 | 16:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.