Ourense acollerá este domingo unha das Festa dos Maios con maior participación
Xa está todo a punto para que o domingo se celebre a Festa dos Maios. Desde o ano 2001, esta celebración típicamente ourensana é Festa de Galicia de Interese Turístico. Os Maios, corresponden a unha destacada parada dentro do Ciclo Festivo da cidade.
Unha vez pechado o prazo de inscrición, hai apuntados un total de 32 Maios – 10 máis que o pasado ano -, que participarán no concurso organizado pola Concellería de Cultura. O orzamento reservado para estas actividades suma aproximadamente 3.000 € que se adican sobre todo ao pagamento das actuacións. A maiores están os 11.000 € destinados á remuneración dos premios nas distintas categorías do concurso. Éstas son as seguintes: enxebres (17 inscritos), artísticos (9 inscritos) e creativos (6 inscritos). A maiores, entre as 12.00 h e as 14.00 h, levarase a cabo un obradoiro de realización dun Maio artístico organizado polo Concello nos Xardíns do Padre Feijoo.
O programa completo é o seguínte:
Domingo, 5 de maio
11.00 Chegada dos Maios Lamas Carvajal – Rúa do Paseo
12.00 Animación musical “ Gomes Mouro”
12.00 Comezo do canto das coplas ao pé dos Maios
12.00-14.00 Obradoiro: elaboración do Maio tradicional conxunto.
Lugar: Xardíns Padre Feijoo
12.00 Concerto da Banda Municipal de Música de Ourense
Lugar: Praza Maior
17.30 Animación musical “Gomes Mouro”
Lugar: Xardíns Padre Feijoo
A continuación entrega de premios do Concurso de Maios e Coplas 2013











