publicidade hoxe

Os voluntarios de Protección Civil de Ferrol partipou a fin de semana en numerosos operativos dentro da cidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal
A-
A+

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Concello de Ferrol participou esta fin de semana en diferentes operativos dentro do termo municipal. As intervencións tiveron lugar o sábado 24 e o domingo 25, en horario de mañá e tarde, por diversas actividades.

O sábado pola mañá dous vehículos da agrupación de voluntarios acudiron como acompañamento da marcha ciclista do colexio Isaac Peral ata A Cabana; e pola tarde volveron para acompañar o regreso dos participantes nesta marcha ciclista ás instalacións do centro escolar. Así mesmo,  mesmo día unha zodiac e unha ambulancia deron asistencia ao Campionato de remo olímpico na ensenada da Cabana entre as 16:00 e 19:30 horas.

O voluntariado de Protección Civil de Ferrol realizou durante todo o domingo un total de sete operativos. Un vehículo e catro voluntarios a pé acompañaron ás 10:00 horas a marcha dende a piscina de Mariña ata San Felipe; e regresaron a San Felipe ás 17:30 horas para asistir aos participantes neste evento na súa volta as instalacións deportivas de Esteiro un vehículos e dous voluntarios a pé. Ademais, otros dous vehículos da agrupación deron asistencia á marcha ciclista organizada polo Concello de Ferrol na xornada de onte, mentres que unha ambulancia e oito voluntarios axudaron no corte de tráfico polas Carreiras no Ensanche A, Porta Nova. Ás 12:45 horas, un vehículo e cinco persoas da agrupación de seguridade actuaron no corte de tráfico durante unha procesión nas Angustias; e á mesma hora asistiron un incendio nun baixo da Calle Magdalena número 14. Xa pola tarde, unha ambulancia e catro voluntarios acudiron ao Campionato de Baloncesto no pavillón do Ensanche A.

27 de maio de 2013 | 10:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.