publicidade hoxe

Os premios do Galo 2013 recoñecen a labor de J.Antonio Vázquez e Paco Penas no mundo da gastronomía e a cultura respectivamente

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVila de Cruces
A-
A+
Reunión do xurado

Reunión do xurado

Paco Penas de Insua e J. Antonio Vázquez de Vila de Cruces foron galardoados na edición dos premios “Galo de Curral” 2013.

No apartado de gastronomía a empresa local Embutidos J. Antonio Vázquez foi a que acadou unha maior puntuación entre os candidatos, onde o xurado valorou a súa longa traxectoria como establecemento de elaboración e venda de embutidos, entre os que destacan os seus afamados chourizos que contan cunha gran aceptación entre os asiduos deste establecemento tanto de dentro como de fóra do municipio e incluso para outras comunidades autónomas. A empresa que rixe J. Antonio Vázquez leva máis de 30 anos traballando en Vila de Cruces no seuposto de venda a carón da praza do Concello.

Pola súa parte o Premio de Cultura Galo de Curral 2013 recaeu en Paco Penas, natural de Insua, en recoñecemento a súa fotografía artística así como a acción cultural que leva a cabo dentro e fóra do municipio cruceño. Actualmente reside en Tenerife onde participa asiduamente en eventos culturais e artísticos e onde ten realizado diferentes exposicións de fotografía.

Ambos galardoados mostraron a súa sorpresa e ledicia polos premios recibidos e agradecen o feito de que o xurado pensase neles á hora de conceder os referidos premios.

O fallo do xurado prodúxose o pasado luns 6 de maio, en sesión celebrada no Salón de Plenos da Casa do Concello. Formaron parte do mesmo o alcalde Jesús Otero, o voceiro do PP Manuel Souto, o edil do PSOE Xurxo Guzmán e o voceiro do BNG Xan Blanco; tamén a xornalista Mercedes Seijo, a artista Lucía Dubra e Irene Gómez en nome da Panadería Altamira, xa que estes últimos foron premiados en edicións anteriores, tal e como contemplan as bases de convocatoria respecto da conformación do xurado.

Según fontes municipais, os premios serán entregados en acto público celebrado en relación coa Festa Gastronómica do Galo de Curral de Vila de Cruces.

8 de maio de 2013 | 13:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.