Os participantes nos módulos do Plan de Formación Integral para emprendedores recolleron os seus diplomas no Fórum

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballoLocal
A-
A+
Todos os participantes cos diplomas acreditativos

Todos os participantes cos diplomas acreditativos

Un total de trece persoas das quince que teñen participado nos módulos formativos do Plan de Formación Integral para emprendedores do Fórum Carballo veñen de recoller os seus diplomas nas instalacións situadas no barrio da Milagrosa da man do Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; e do Concelleiro de Promoción Económica, Xosé Regueira. Os dous expresaron o seu desexo de que os negocios e empresas resultantes dos plans elaborados polos emprendedores cheguen a bo porto e sirvan para crear postos de traballo, ademais de estar “encantados de poder contribuír a que esta formación sexa útil”, en verbas do Alcalde. Cada un dos catro módulos dispoñibles contou cunha oferta máxima de 15 prazas, e hai que subliñar que nove dos participantes na iniciativa asistiron a todos eles, polo que puideron levar á casa varios diplomas. Regueira quixo subliñar durante o acto que o apoio do Concello aos emprendedores non remata con estes cursos, e animou aos futuros empresarios a que aproveiten os recursos municipais para informarse dos beneficios e exencións fiscais que ofrece o Concello para a creación de novas empresas. Así mesmo, lembroulles que o Plan de Formación continúa durante todo o 2013, polo que haberá nova oferta de cursos e módulos despois do verán.

27 de maio de 2013 | 17:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.