publicidade hoxe

Os obradoiros “Ops, a nosa lingua, a nosa vantaxe” voltan aos centro de ensino secundario da cidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal
A-
A+

O Concello de Ferrol, a través da Concellería de Normalización Lingüística, pon novamente en marcha os Obradoiros OPS, a nosa lingua, a nosa vantaxe para os centros de ensino secundario da cidade. O IES Ricardo Carvalho Calero acollerá mañá martes o terceiro obradoiro desta edición na que o IES Saturnino Montojo xa participou con anterioridade e que o CPR Santa Xoana de Lestonnac acollerá a vindeira semana.

Estes obradoiros, con moi boa acollida nos centros de ensino, teñen como obxectivo mostrar a lingua galega como unha vantaxe competitiva que posuímos respecto do resto de España e Europa así como poñer en valor a nosa lingua como potencialidade para acceder ao mundo en portugués. As actividades se desenvolven nos propios centros educativos e en grupos reducidos.

Os Obradoiros OPS, a nosa lingua, a nosa vantaxe  están enmarcados dentro do conxunto de actividades de dinamización lingüística iniciado a finais do pasado mes de abril pola área de Normalización Lingüística do Concello de Ferrol con motivo da festividade das Letras Galegas. O conxunto de actividades de dinamización lingüística do presente mes de maio están publicitadas a través dun tríptico informativo que da a coñecer uns trazos xerais da vida e obra de Roberto Vidal Bolaño, homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano 2013. As actividades están dirixidas principalmente ao alumnado de todas as idades dos centros de ensino non universitario, infancia e mocidade, unhas delas en horario lectivo e outras en horario de lecer, así como para un público familiar.

13 de maio de 2013 | 18:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.