publicidade hoxe

Os nenos do “Conciliatardes” aprenden a escribir contos co escritor Pere Tobaruela

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVilagarcía de Arousa
A-
A+

Os nenos e nenas que participan no programa Conciliatardes da Concellería de Traballo e Benestar, participan mañá xoves nun obradoiro de escritura adaptado as súas idades. Os cativos contarán cos consellos do escritor Pere Torabuela que lles explicará algúns truquiños e os pasos a seguir escribir contos e relatos. Trátase dunha das actividades complementarias e de carácter educativo que se organiza a través do programa de conciliación.

O escritor Pere Tobaruela visitará aos nenos do Conciliatardes o xoves 29 de maio para impartir un obradoiro práctico de escritura que leva por título “Xogando a sere scritores”. A visita terá lugar entre as 18,30 e as 19,30 horas, período no que Pere traballará de xeito divertido cos cativos co obxectivo de espertar neles o interese pola literatura, non só como lectores, senón tamén dende a faceta máis creativa, de xeito que se animen a escribir os seus propios relatos e contos, potenciando o seu maxín.

Pere Tobaruela Martínez, naceu en 1965 en Barcelona. Licenciado en Xeografía e Historia, e comeza a súa carreira literaria no ano 1999, primeiro en catalán, e posteriormente en lingua galega. Actualmente reside en Rois. Recentemente recibiu o premio Martín Sarmiento para 1º e 2º de ESO (2013) por Mortos de ningures, xunto a Ledicia Costas.

Algunhas das súas obras infantís e xuvenís máis representativas en galego son: Cos ollos de neno, 2007 (Biblos Clube); Viaxes dun can de palleiro, 2009 (Sotelo Blanco); Na cerna da selva, 2012 (Sotelo Blanco); Antela e o vento, 2011 (meubook, libro electrónico) ou O Códice do Santo Lugar, 2013 (Xerais). Pere tamén escribiu moitos libros en catalán, por exemplo La Torre dels Moros, 2005 ou La Clau d’ Aigua, 2007.

29 de maio de 2013 | 10:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.