Os nenos do Carballiño buscan a Roberto Vidal Bolaño

Cativos participando na actividade
Unha vintena de nenos do Carballiño ,con idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos, participaron nunha das actividades convocadas dende a área de Educación. Tratábase dun taller con xogo de pistas onde os nenos tiveron que buscar datos sobre o protagonista desta edición das Letras Galegas.
A imaxe típica de Vidal Bolaño, o seu nariz de pallaso e o gorro negro, adornou a praza maior durante todo esta actividade.











