publicidade hoxe

Os Museos Científicos Coruñeses recibiron máis de 11.500 visitas o Día Internacional dos Museos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocalLocal Portada
A-
A+

O Concello da Coruña, a través da área de Cultura que dirixe Ana Fernández, informa de que un total de 11.585 persoas visitaron os Museos Científicos Coruñeses con motivo da xornada de portas abertas que se celebrou dentro da programación do Día Internacional dos Museos, o pasado sábado 18 de maio.

O Aquarium Finisterrae rexistrou o maior número de visitas, 6.600. A Domus, con 3.005, e a Casa das Ciencias, con 1.980 visitantes, tamén recibiron unha notable afluencia de visitantes que acudiron a participar das actividades e exposicións que ofreceron de forma gratuíta os tres centros.

20 de maio de 2013 | 17:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.