publicidade hoxe

Os Museos Científicos Coruñeses celebran o Día da Ciencia na Rúa con “portas abertas”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocalLocal Portada
A-
A+

A Concellaría de Cultura informa que mañá, sábado 4 de maio, o Parque de Santa Margarida se encherá coas experiencias e entretementos do XVIII Día da Ciencia na Rúa. Dentro dos actos programados para esta celebración, inclúese unha xornada de portas abertas ao público, totalmente gratuíta, nos Museos Científicos Coruñeses e en horario de 11.00 a 19.00 horas.

A Casa das Ciencias ofrecerá aos seus visitantes, entre outras actividades, un maratón de sesións de planetario. Os pases serán ás 11.00, 12.00, 13.00, 16.00, 17.00 e 18.00 horas, e para asistir hai que retirar convites, que se repartirán en recepción media hora antes do comezo de cada sesión.

A Domus programou unha actividade para o público no seu Laboratorio Aberto, con diseccións de corazón e ollo de vaca en directas e que se celebrarán ao longo de todo o día. Tamén haberá sesións no cine 3D ás 12.00, 13.00, 17.00 e 18.00 horas, coa proxección da película El último arrecife, e poderase visitar a exposición recentemente inaugurada Xogo de neuronas. Pezas da intelixencia humana.

No Aquarium Finisterrae, o público poderá asistir ás diversas actividades que se realizan, como a charla divulgativa durante a alimentación das focas, que será ás 12.00 e ás 17.00 horas, ou a unha das sesións da Poza das Caricias, ás 13.00 e 18.00 horas, e nas que se poden coñecer máis de preto algunhas especies mariñas.

3 de maio de 2013 | 17:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.