publicidade hoxe

Os máis novos de Touro coñecen a obra de Vidal Bolaño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalTouro
A-
A+
Participantes no obradoiro

Participantes no obradoiro

Un grupo de nenos e nenas de Touro participou nun obradoiro sobre a vida e obra de Roberto Vidal Bolaño. O Concello programou varios actos con motivo das Letras Galegas. Os máis pequenos elaboraron durante a tarde do pasaso xoves un mural sobre o escritor e autor teatral e coñeceron aspectos da súa vida e obra. Con esta actividade trataron de rendirlle unha homenaxe.

Por outra banda, mañá sábado, día 18 de maio, ás 20.00 horas, está programado o Concerto das Letras Galegas a cargo da Banda de Música Isabel II de Touro. Todos os veciños y veciñas da localidade e amantes da música poden acudir ao concerto, que será no espacio multiocio La Isla. A formación musical de Touro estrenará novo repertorio.

17 de maio de 2013 | 19:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.