Os maiores viviron en Amio outra concorrida e animada edición da súa festa

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Local ► Local Portada ► Santiago de Compostela ▼
A-
A+
Vista xeral do recinto durante o ágape

Vista xeral do recinto durante o ágape

Celebrouse no recinto feiral de Amio a décimo quinta edición da Festa dos Maiores, que contou con 2.000 participantes. O alcalde compostelán, Ángel Currás, o concelleiro de Festas, Francisco Noya, e outros integrantes do Goberno municipal achegáronse ata a festa para saudar os participantes. Este tradicional xantar, enmarcado nas festas da Ascensión, contou coa música do grupo Poceiro. O menú estivo composto por empanada, polbo á feira, carne ó caldeiro con patacas, trata de Santiago, café, pan e bebida.

A xornada de sábado das Festas da Ascensión veu cargada de actividades, como a celebración dunha nova edición da Volta Ciclista da Ascensión, con saída e chegada na avenida de Xoán Carlos I. O gañador da proba foi Aser Estévez, do Supermercados Froiz, que avantaxou en cinco segundos ao seu compañeiro José Luis Mariño e a Samuel Blanco, do Autronic, segundo e terceiro clasificados respectivamente.

Antes, pola mañá, realizárase o Trofeo Ciclista Concello de Santiago de escolas e cadetes.

13 de maio de 2013 | 19:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.