Os escolares do Carballiño aprenden educación vial

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalO Carballiño
A-
A+
Un instante da charla

Un instante da charla

A área de Educación do concello iniciou este luns as charlas de educación vial nos distintos colexios da vila. O primeiro colexio visitado foi o Calvo Sotelo, o centro da Uceira. Alí os técnicos de Tráfico, xunto co responsable da Policía Local do Carballiño, ofreceron unha charla, con soporte audiovisual, aos alumnos de sexto de primaria, onde lles explicaron a necesidade de coñecer as obrigas que ten como peóns, así como os seus dereitos.

Esta charla repetirase o próximo día 8, cos alumnos de 5 de primaria, e a intención é realizar tamén exemplos prácticos de todo o que se diga nas charlas, onde os alumnos poderán comprobar o importante que é ter unha boa educación vial.

6 de maio de 2013 | 12:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.