publicidade hoxe

Os concellos de Ferrol e Narón poñen en marcha un servizo conxunto de aluguer de bicicletas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocalLocal PortadaNarón
A-
A+

O concelleiro de Servizos e Medio Ambiente do Concello de Ferro, Borja Carro Muñoz, acompañado polo concelleiro de Urbanismo, Medio Ambiente e Sanidade do Concello de Narón, Manuel Ramos, presentaron hoxe os avances do servizo conxunto de aluguer e préstamo de bicicletas que proximamente será formalizado coa sinatura dun convenio entres os alcaldes dos dous municipios: Jose Manuel Rey Varela, por parte de Ferrol, e o naronés José Manuel Blanco.. Esta iniciativa foi aprobada esta mañá na comisión informativa e será levada mañá ao pleno ordinario para a súa ratificación.

Na súa intervención, o edil de Servizos de Ferrol manifestou que esta prestación conxunta “reduce o custe que ten por separado e favorecerá o incremento do uso de bicicletas”. Neste sentido, Borja Carro sinalou a gran importancia deste servizo por fomentar un estilo de vida e ocio saudable a través deste medio de transporte. “Un gran número de cidades españolas e europeas apostan por esta prestación de aluguer de bicicletas”; apuntou.

O servizo conxunto de aluguer e préstamo de bicicletas poderá ser utilizado  a partir dos 14 anos tanto en Ferrol como no termo municipal veciño de Narón. O abono anual de aluguer será de 15€ para adultos e 10€ para os menores de 18 anos. Este servizo de mobilidade contará co mesmo sistema electrónico actual o que significa que non haberá cambios de infraestruturas nin de uso. O edil Borja Carro embrou que a cidade conta con nove estacións aparcabicicletas: Caranza, Esteiro, peirao, Serantes, Cantón de Molíns, Inferniño, A Malata e Canido (2).

Redución de custes

O importe total da prestación de mobilidade ascenderá a 103.902 €, do que Ferrol aportará 65.960 € -o 63,5%- e Narón investirá 37.942 € – o 36,5% do total- o que permitirá un gran aforro ás arcas públicas dos municipios tendo en conta que por separado a cidade ferrolá gastaba 90.000 € e o municipio naronés 50.000 €, aproximadamente.

29 de maio de 2013 | 16:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.