Os cidadáns realizarán un “test de biodiversidade” ao encoro de Abegondo-Cecebre o próximo 1 de xuño
O encoro de Abegondo – Cecebre será obxecto dun test de biodiversidade a través da fotografía ambiental. Será o sábado 1 de xuño e no pode
participar calquera cidadán interesado en colaborar nesta acción popular que pretende resaltar os valores de diversidade paisaxística e natural que garda o ámbito natural do encoro.
Os participantes nesta iniciativa realizarán fotografías da flora, fauna, paisaxe e demais elementos naturais do ámbito do encoro.
Posteriormente subirán á plataforma dixital Biodiversidade Virtual (http://www.biodiversidadvirtual.org) onde un grupo de expertos
encargaranse de clasificalas e catalogalas.
A actividade, que comprenderá entre as 10.00 e as 14.00 horas do sábado 1, está organizada polo CEIDA coa colaboración do Concello de Abegondo e o patrocinio do Consorcio As Mariñas, dentro do marco do III Congreso Natureza e Imaxe.
O encoro de Abegondo – Cecebre presenta un elevado grao de naturalidade e unha notable beleza paisaxística motivo polo cal está incluído na Rede Natura 2000 e declarado pola Xunta como LIC, Lugar de Interese Comunitario. A súa vexetación de ribeira (castiñeiros, carballos,
salgueiros, ameneiros, bidueiros, etc) moita dela anegada, serven de hábitat a numerosas especies de aves como garzas, aguias pescadoras, patos, etc. acompañados doutras especies de réptiles, anfibios e insectos, etc.
A actividade é gratuíta. Os interesados en participar poden inscribirse na seguinte web: http://www.ceida.org/formacion/test-biodiversidade.html. Alí obterán toda a información sobre a acción.
Este congreso, primeira iniciativa de educación ambiental que levan a cabo de forma conxunta os 9 Concellos da área metropolitana, consta de actividades como talleres, charlas, proxeccións ou exposicións. Así, as mostras que se poden encontrar na bisbarra son:
– Exposición “O límite do mar” de Fran Nieto. Do 2 ao 29 de maio no Edificio A Senra (Bergondo).
– Exposición “Unha ollada ao natural” de Calros Silvar. Do 13 de maio ao 1 de xuño en a Biblioteca Central de Cambre.
– Exposición “Doce e salgada” de Fran Nieto. Do 15 de maio ao 16 de xuño no Edificio Social Toñito Espiñeira (Carral).
– Exposición colectiva “Ollando a Lusofonía”, do 17 ao 29 de maio no Edificio Liceo (Betanzos).