Os Cabaleiros organiza dúas viaxes a Neda e á Mariña Lucense
A Asociación de Festas dos Cabaleiros (parroquia de Mos) organiza dúas excursións de cara ós vindeiros meses de xuño e xullo. Unha delas será dun día no mercado medieval da Real Vila de Neda e a outra de dous días na Mariña Lucense.
A excursión á Vila de Neda terá lugar o día 8 de xuño cun prezo por persoa de 12 euros. Os participantes poderán coñecer os máis dun cento de postos de artesanía e gastronomía do mercado medieval da Real Vila, ademais dos espectáculos na rúa entre os que destacan a esgrima e a cetrería. Os interesados en inscribirse deben chamar ó número de teléfono 659 955 619 (Luis Brandariz).
Os días 12 e 13 de xullo realizarase a viaxe á Mariña Lucense, durante a que se visitará Ribadeo, a Praia das Catedrais, Viveiro e Mondoñedo. O prezo por persoa desta saída ascenderá a 65 euros e os interesados en participar na mesma poden facer xa as súas reservas no mesmo número de teléfono anteriormente indicado.