Os alumnos do colexio de Escarabote visitaron o Concello de Boiro
Onte martes pola maña o Alcalde recibeu a dous grupos de nenos de 1º e 2º de primaria do colexio CEIP ESCARABOTE.
Dentro do programa da materia didáctica “Coñecemento do Medio”, os alumnos están estudiando as institucións municipais polo que se desprazaron ao Concello para coñecer as instalacións e distintos departamentos: Policía Local, Casa da Cultura, Radio Municipal, Xulgado, etc.
Durante o transcurso desta visita guiada pola concelleira de ensino Mª José Lorenzo os nenos tiveron ocasión de manter unha animada charla e turno de preguntas co Alcalde sobre o desenvolvemento do goberno municipal