publicidade hoxe

Ortigueira presenta “Bandeando”, el primer método de banda realizado en España

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaOrtigueira
A-
A+

O Teatro de Beneficencia acolle mañá, a partir das 20:30 horas, a presentación coa Banda de Papel, integrada por trinta nenos de entre 3 e 6 anos, de “Bandeando”, o primeiro método de bandas realizado en España. O innovador proxecto, asinado por Carlos Diéguez, director da Banda de Música Ortigueira, constitúe unha ferramenta educativa de máxima utilidade para que os músicos máis novos se poidan iniciar na práctica de banda. A reunión completarase coa estrea do himno da Escola municipal de Música.

Tal e como apunta Manuel Mondéjar, presidente da Asociación Nacional de Directores de Banda, encargada de editar o traballo, “Bandeando” constitúe un material didáctico valioso onde os estudantes de Grao Elemental poderán encontrar unha colección de 20 pezas de estilos e procedencias variadas, con instrumentacións prácticas e funcionais. Ademais, dota profesores/directores dun repertorio axeitado ás esixencias técnicas e musicais propias deses alumnos.

Así, o proxecto de Carlos Diéguez contén un CD (play along) para que os mozos músicos poidan practicar na súa casa coa banda. Inclúe tamén unha completa guía didáctica para o director sobre cada obra, a súa análise, perspectiva histórica, estilística…

Subliña o autor o alcance iberoamericano do proxecto, escrito en español e portugués e no que se involucraron organismos de distintos países, que se converterá no primeiro método deste tipo existente en España, Portugal e toda Latinoamérica.

A utilización deste método na práctica instrumental en conxunto contribuirá a conseguir, segundo Mondéjar, “unha formación íntegra dos estudantes de música, e a utilizar a Banda de Música non só como elemento socializador, senón tamén como gran ferramenta pedagóxica”.

A estrea de “Bandeando” realizarase co concerto da Banda de papel, agrupación única en España, integrada por unha trintena de alumnos/ás de entre 3 e 6 anos de “música e movemento” na Escola de Música de Ortigueira, que ademais interpretarán en primicia “Música para a vida”, o himno oficial do centro municipal de ensinanzas musicais, unha das pezas de “Bandeando”.

3 de maio de 2013 | 19:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.