Ordes conclue mañá o prazo para apuntarse nos cursos de Responsabilidade social e de Obtención de competencias clave
O Concello de Ordes rematará mañá o prazo de inscrición para poder formar parte dos cursos de Responsabilidade Social e de Obtención de competencias clave. En total constarán de 15 e 60 horas de duración respectivamente. Poderán acceder ao proceso de selección aquelas persoas demandantes de emprego (coa tarxeta actualizada) que estén empadroadas no concello e que cumpran os requisitos de acceso. Para recibir máis información poderasensolicitar á área de de emprego do concello de Ordes (981 68 00 02).
Neste proxecto combínase a formación teórica coa experiencia laboral en entidades e empresas. Ademáis tamén se ofrece orientación laboral para a inserción das persoas desempregadas e apoio na procura activa de emprego a través dun titor. Un acompañamento persoalizado que tamén inclúe un asesoramento especializado para persoas emprendedoras na posta en marcha da súa idea empresarial.
O Concello de Ordes continúa formando parte do proxecto formativo RedeXiana2, promovido pola Deputación da Coruña e cofinanciado polo Fondo Social Europeo. O seu obxectivo principal consiste en diminuir os niveis de desemprego da provincia a través da mellora profesional e o apoio ao autoemprego.