Ordes amplía o prazo para poder asisitir á xuntanza de maiores que terá lugar este próximo domingo
Ata mañá mércores o Concello de Ordes manterá aberto o prazo de inscrición para poder acudir á xuntanza de maiores, a cal se desenvolverá no Pazo do Bidueiro o vindeiro domingo. Unha cita na que, ata o de agora, participarán preto de 600 persoas. Así, a partir das 13.30 horas celebrarase unha misa solemne que estará seguida dun xantar con baile. Deste xeito o Concello de Ordes pretende rendirlle unha merecida homenaxe aos maiores do lugar, adicándolle esta xornada na que cada aumenta o número de comensais.
Para poder participar nesta cita basta con acudir co DNI ao edificio consistorial e aportar os seus datos persoais, previo pago de 5 euros por persoa. Para calquera información poden solicitala no Departamento de Cultura ou ben a través do teléfono 981680002.











