publicidade hoxe

Ordes acollerá o V Cross Ambiental “Memorial José Estebo” e a II Andaina Concello de Ordes o 17 de maio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioDeportesLocalOrdes
A-
A+

O V Cross Ambiental ‘Memorial José Estebo’ e a II Andaina Concello de Ordes xa teñen data de celebración. Será o vindeiro 17 de maio a partir das 16 horas, coincidindo coa celebración do Día das letras galegas.

Unha competición na que poderán participar xente de todas as idades, dende os que non teñen nin 1 ano cumprido ata os que sobrepasen os 65. As distancias a percorrer variarán según a categoría e irán dende os 100 ata os 10.000 metros. Os premios  para os tres primeiros clasificados de cada categoría serán variados e irán dende cantidades en metálico a trofeos, medallas e agasallos sorpresa. A todos os participantes tamén se lles entregará gratuitamente unha entrada para poder disfrutar dunha xornada no Museo do Traxe Juanjo Linares, ademais de froita e bebida coa que hidratarse unha vez concluida a proba.

Aqueles que queiran participar teñen ata o próximo día 15 para inscribirse. Para elo teñen que entrar na páxina web www.correrengalicia.com. Tamén dispoñen do teléfono 660694586 e do correo electrónico atletismoordes@hotmail.com para solicitar máis información.

Esta proba está organizada polo Club de Atletismo Ordes e patrocinada polo Concello de Ordes, Tahití zumos naturais, La Caixa, Coca-Cola, María Fraga, Eurofrut, A Bolera hamburguesería, Deputación da Coruña.

8 de maio de 2013 | 19:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.