Ordes acollerá este domingo o Campionato Provincial de Grupo Show de Patinaxe Artística
Este próximo domingo o Concello de Ordes acollerá o Campionato Provincial de Grupo Show Escolar de Patinaxe Artística. A competición terá lugar no pavillón Castelao a partir das 13 horas, e nela daranse cita máis de 200 patinadores de distintos equipos procedentes de Santiago, Ferrol, A Coruña, Ordes, Pobra do Caramiñal, Arteixo, Ribeira e Coristanco.
O Campionato Provincial de Grupo Show Escolar de Patinaxe Artística está organizado pola Xunta de Galicia e conta coa colaboración do Concello de Ordes e do Club de Patinaxe Alquimia.











