Onte partiu de Tui o concurso de patrullas da Brilat polo Camiño Portugués a Santiago

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalTui
A-
A+

Onte luns, 27 de maio, ás oito horas, comezou no antigo porto da cidade de Tui, onde comeza o tramo galego do Camiño portugués de peregrinación a Santiago o xa tradicional concurso de patrullas que organiza anualmente á Brilat.

Os 120 militares participantes, distribuídos nunha véntena de equipos, deberán cubrir os algo máis de 120 quilómetros que separan a fronteira con Portugal nun tempo máximo de 36 horas.

Ao longo do traxecto prevíronse multitude de probas que deixarán patente a destreza, cooperación, cohesión e fortaleza das patrullas. Non é de estrañar que este concurso se sitúe entre os máis esixentes que organiza unha unidade do Exército español.

O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, asistiu, con outros membros do goberno municipal, ao inicio desta competición e agradeceu a escolla de Tui para a celebración deste evento que contribúe á difusión da nosa cidade e do camiño de peregrinación ao tempo que afonda na tradicional amizade entre os tudenses e a Brilat.

28 de maio de 2013 | 10:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.