Olimpiada Cultural, libros, teatro e fotomatón en Maio, mes da lingua
A programación de Maio, mes da lingua, para o xoves 16 de maio é:
– V Olimpiada Cultural e I Certame de portadas de libros, no IES Gonzalo Torrente Ballester. De 8.30 a 13.20h
Organiza EDNL e equipo da biblioteca do IES Gonzalo Torrente Ballester.
– Teatro lido e recital poético, no local social do Burgo. Ás 20.00h
Organiza a Asociación Sociocultural O Burgo.
– Gústame o galego! Fotomatón de balde con frases sobre o galego. Praza da Peregrina. De 17.30 a 21.30h
Organiza a Concellaría de NL-Concello de Pontevedra.











