publicidade hoxe

Olga Alonso deixa a Concellería e incorpórase ao Consello Municipal de Educación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVigo
A-
A+

Santos Héctor é o novo concelleiro de Educación de Vigo, logo que Olga Alonso se vira obrigada a deixar o posto en cumprimento da sentenza do Constitucional que prohíbe os edis non electos. En todo caso, Alonso incorporarase ao Consello Municipal de Educación.

O alcalde de Vigo asinou hoxe xoves o cese da concelleira de Educación, Olga Alonso “por imperativo legal”, dado que o Tribunal Constitucional prohíbe o nomeamento de edís non electos. Esta “importante” área recaerá no concelleiro Santos Héctor, en tanto que Olga Alonso “manterá a súa cooperación activa co Concello”, xa que pasará a formar parte do Consello Municipal de Educación. O rexedor agradeceu o seu traballo á xa exconcelleira, poñendo en valor que compatibilizou as labores municipais co seu propio posto de traballo como directora dun centro educativo “sen percibir retribución algunha do Concello”.

23 de maio de 2013 | 18:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.