publicidade hoxe

Oleiros recibe 1.816 solicitudes para as 1.134 prazas ofertadas no programa de actividades de verán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOleiros
A-
A+

O Concello de Oleiros recibiu un total de 1.816 solicitudes para as 1.134 prazas ofertadas dentro das 51 actividades que compoñen o programa de verán para escolares. Este programa conta con 11 actividades culturais que recibiron un total de 416 solicitudes para cubrir 210 prazas ofertadas, polo que 206 demandantes quedarán en listaxe de espera e as prazas tiveron que ser adxudicadas por concurso. O mesmo sucedeu nas 17 actividades de deportes onde se rexistraron 856 solicitudes para 382 prazas.

Nos obradoiros organizados por Xuventude ofertáronse 55 prazas e houbo 72 solicitantes.

Pola súa parte, nas actividades educativas ofertáronse 487 prazas das que foron solicitadas 472. Tras o sorteo público para a adxudicación das matrículas realizado hoxe, entre o próximo día 29 e o 31 publicarase a listaxe definitiva.

Finalmente, entre o 3 e o 14 de xuño poderase realizar o pagamento e presentar a documentación necesaria.

24 de maio de 2013 | 18:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.