Oleiros organiza o seu primeiro Campionato de Natación Sincronizada
O Concello de Oleiros, continuando coa súa aposta polo deporte base e a promoción dos deportes minoritarios, organiza o primeiro campionato de natación sincronizada. A competición celebrarase o próximo día 19 nas instalacións do Inef de Bastiagueiro. O obxectivo deste
trofeo é difundir este deporte na comunidade galega e, principalmente, no noso concello.
A e tratarase dunha competición por equipos e «combos» na que as nadadoras dos distintos clubs participantes de toda Galicia terán a oportunidade de medir o seu nivel e de amosara plasticidade desta disciplina.
Para la organización do seu primeiro Campionato de natación sincronizada o Concello conta coa experiencia do Club Acuatic, que leva a cabo a súa actividade no noso municipio. O club encargarase de axudar aos xuíces e asistilos en actividades como comprobar as puntuacións ou determinar a entrada de nadadoras na auga. O finalizar a competición realizarase unha entrega de trofeos onde se premiará as tres mellores clasificacións por categoría e entregarase un premio ao mellor club.