Obradoiros gratuítos dentro do programa Quérote+ en Dodro
A concellería de xuventude e familia de Dodro xunto coa Dirección xeral de xuventude e voluntariado organizan obradoiros gratuitos para mozas/os de 18 a 30 anos do programa Quérote+ en Dodro. O 14 de xuño “A arte da seducción” e o 21 de xuño “Berrando solucións”. Ambos serán na Casa da Cultura de 18h a 19,30h.
Dodro acolle “Rosalía pequeniña” en concerto o vindeiro 8 de xuño ás 18h na Paxareira. O concerto, a cargo de Uxía, esta dentro do programa falaRedes de dinamización lingüística da Xunta de Galicia.
Por outra banda, Terras de Iria organiza unha peregrinaxe a Compostela o sabado 22 de xuño.
A saída será ás 8h de Padrón e está destinado a todas as persoas maiores de 9 anos dos concellos de Padrón, Rois e Dodro