Obradoiro de percusión de Odaiko Percussion Group para alumnado de 3º de Educación Primaria
O Pazo da Cultura acolle un obradoiro de percusión a cargo de Odaiko Percussion Group que está dirixido para nenos e nenas de 3º de Educación Primaria dos centros de ensino carballeses. Odaiko propón unha divertida escenificación en directo, chea de ritmos e sonoridades da percusión moderna, na que a imaxinación, a creatividade e a curiosidade polas distintas manifestacións artísticas, son os puntos clave. A cita é entre as 9.30 e as 14.00 horas. Os interesados e interesadas poden obter máis información sobre as actividades da VIII Semana do Libro e a Lectura descargando o programa en pdf nesta mesma convocatoria.











