publicidade hoxe

O xoves 23 terá lugar unha nova xornada do programa de emprego da Concellería de Xuventude

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalSantiago de Compostela
A-
A+

A Concellería de Xuventude, xunto coa Junior Empresa JEMSA, puxo en marcha este programa o pasado 25 de abril, co fin de mellorar as competencias emprendedoras e axudar a mozos e mozas con inquedanzas comúns.

Nesta ocasión Guillermo Viña, xerente IGAPENOVA ofrecerá unha charla sobre Técnicas de venta e protocolo empresarial. Despois do descanso, o Director Xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro falará sobre Financiamento e asesoramento: Institucións de apoio.

Para participar nas xornadas é necesaria unha inscrición previa no centro cultural do Ensanche ou enviando a ficha de inscrición a: dptoxunventude@santiagodecompostela.org.

Terán prioridade aquelas solicitudes de mozos e mozas de entre 18 e 30 anos empadroados en Santiago. No caso de quedar prazas vacantes atenderanse outras solicitudes.

Este programa continúa en dúas xornadas máis. A primeira o 13 de xuño que versará sobre liderazgo, motivación e traballo en equipo. O xoves 20 clausúranse as xorndas Os xoves emprende cunha conferencia de Florentino Cacheda, presidente de Florentino e deseñador de moda.

22 de maio de 2013 | 13:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.