publicidade hoxe

O XII Open Autonómico de Pesca Infantil e Xuvenil Memorial Manolo Rouco celébrase o 17 de maio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioDeportesLocalLugo
A-
A+

A Concellería de Deportes, que dirixe José Manuel Díaz Grandío, colabora coa Sociedade de Pesca A Venatoria na organización do XII Open Autonómico de Pesca Infantil e Xuvenil Memorial Manolo Rouco.

Esta cita deportiva terá lugar mañá venres 17 de maio no Club Fuvial co seguinte horario:

10:00.- Presentación e adxucación de postos

11:00.- Comezo da proba

13:00.- Final do concurso e pesaxe

13:30.- Proclamación dos campións e entrega de trofeos

Ata o de agora hai máis de 45 inscritos, o prazo de inscricion remata o mesmo día ás 09:00 horas. Os interesados en participar poden anortase no Club Fuvial de Lugo.

16 de maio de 2013 | 13:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.