O xadrez Fontecarmoa, Verónica Miguéns, Luz López, Francisco Padín e Ricardo González, finalistas ao mellor deportista do ano
O Club Xadrez Fontecamoa, a deportista de trial Verónica Miguéns, a remadora Luz María López Buceta, o taekwondista Francisco Padín, e o submarinista Ricardo González son os cinco finalistas do Premio ao Mellor Deportista do ano 2012, que concede a Fundación de Deportes, e a proposta do xurado, que se reuniu na tarde de onte. O gañador darase a coñecer na Gala do Deporte que, na súa 24 edición, se celebrará os vindeiros 14 e 15, venres e sábado, do vindeiro mes de xuño.
No transcurso da gala a celebrar o día 15 se entregarán tamén as Mencións Especiais, que este ano se conceden a: no apartado de clubs, aos Ingleses Rugby Club e á AD Cortegada, polos seus 25 anos de actividade; en persoas individuais, e a título póstumo, a Santiago Iglesias Rey; en adestradores e árbritos, a Miguel Cuevas, adestrador do Club Olimpic; en entidades ou empresas, a Frinsa; en prensa e medios de comunicación, a José Luiz Oubiña; e en comités organizadores, ao Vilagarcía Club de Natación, promotor das travesías a nado de Vilaxoán.
A XXIV Festa do Deporte Local se celebrará os días 14 e 15 de xuño, con actividades nos pavillóns de Fontecarmoa e nas rúas de Vilagarcía, para concluír coa gala na que se entregarán os premios e se descubrirá quen foi, a xuízo do xurado, o Mellor Deportista do Ano 2012.
O equipo cadete do Club Xadrez Fontecarmoa foi campión galego e subcampión de España, e algún dos seus integrantes forman parte das selección galega e española.
Verónica Miguéns Devesa foi terceira clasificada na Copa de España de Trial Feminino B e segunda na Copa Galega de Trial Féminas.
Luz María López Buceta é campioa galega e española de bateis e trainerillas, e primeira na bandeira da Concha, por segundo ano consecutivo, entre outros méritos.
Francisco Padín Oliveira, do Club Olimpic, foi terceiro nos campionatos de España e Galicia absolutos, primeiro no Campionato de España de Clubs e segundo no Campionato Galego Absoluto.
E Ricardo González González, da ADC Raspa, é campión galego do LII Galego Individual, sendo o séptimo título que ostenta na especialidade de pesca submariña, ademais de compoñente da selección española de Pesca.
Entre estes cinco currículos está o que será proclamado/a Mellor Deportista de Vilagarcía 2012.