publicidade hoxe

O voluntariado de Oleiros, contra as plantas invasoras

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOleiros
A-
A+

Un grupo de voluntarios e voluntarias do Concello de Oleiros inicia este sábado unha actividade de conservación do medio ambiente e da promoción da sustentabilidade ambiental no Monumento Natural da Costa de Dexo. Esta actividade levarase a cabo en colaboración co
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia.

A campaña consiste na eliminación dunha planta autóctona invasora, en concreto da Carpobrotus edulis, coñecida popularmente como uña de gato. Posteriormente, repoboarase a zona con especies autóctonas. Este sábado 25 de maio e o próximo 29 de xuño desenvolverase a actividade de eliminación, deixando para despois do verán as tarefas de repoboación.

Ás 10:00 h haberá unha charla informativa na sede do CEIDA, no Castelo de Santa Cruz, acerca desta especie e de como facer para sacala sen danar o contorno. Posteriormente, trasladaranse á zona do Seixo Branco para levar a cabo as tarefas de extracción. Esta actividade desenvolta desde a Oficina Municipal de Acción Voluntaria permite ás veciñas e veciños do Concello de Oleiros participar en actuacións de mellora do contorno dunha forma respectuosa co medio ambiente ao contar coa colaboración do CEIDA.

23 de maio de 2013 | 17:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.