publicidade hoxe

O VIII Triatlón de Riazor posponse ao domingo 9 de xuño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaDeportesLocal
A-
A+

O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Deportes, informa de que, a causa das condicións meteorolóxicas previstas, o VIII Triatlón de Riazor, previsto para este domingo, 19 de maio, se pospón ata o próximo 9 de xuño.

Esta proba deportiva, puntuable para o Circuíto Galego de Triatlón e clasificatoria para o Campionato Galego 2013, disputarase o domingo 9 de xuño, a partir das 10.00 horas, nas inmediacións da praia de Riazor. Haberá catro saídas: ás 10.00 horas será a proba popular; ás 11.00 horas, a feminina; ás 11.10 horas, a masculina; e ás 12.30 horas, a saída elite masculina. A entrega de trofeos está prevista ás 14.00 horas nas inmediacións do Praia Club.

A carreira disputarase na modalidade de sprint, con 750 metros de natación na praia de Riazor, 20 quilómetros de ciclismo nun circuíto entre o Meliá María Pita e o Millenium e 5 quilómetros de carreira a pé nun circuíto entre a avenida de Bos Aires e a zona do Praia Club.

17 de maio de 2013 | 12:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.