O venres pola tarde, teatro infantil na Casa da Cultura da Laracha

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA LarachaCalendarioLocal
A-
A+

A Casa da Cultura da Laracha acollerá este venres a terceira e última das obras de teatro infantil coas que o Concello celebrou durante as últimas semanas o Mes do Libro, ofrecendo esta alternativa cultural dirixida ao público familiar cuxo obxectivo final foi fomentar a lectura entre os rapaces máis novos.

Esta vez será a quenda para o espectáculo titulado A verdadeira historia dos tres porquiños e o lobo feroz, no que se fai unha visión actual do conto baseada na igualdade e na solidariedade, sendo os protagonistas dous porquiños e a súa irmá, unha porquiña moderna.

O show está pensando, especialmente, para nenos de 3 a 9 anos de idade. Comezará ás 18.00 horas e a entrada é libre e gratuíta.

2 de maio de 2013 | 11:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.