publicidade hoxe

O teatro Jofre de Ferrol acolle a obra teatral infantil “Los tres cerditos”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioFerrolLocal
A-
A+

A compañía murciana Pupaclown presenta a súa obra teatral infantil “Los tres cerditos” o domingo 19 de maio no Teatro Jofre. A versión de Juan Pedro Romera dará comezo ás 18:00 horas e enmárcase dentro da programación infantil da Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, dirixida por Manuel Reyes García Hurtado.

O exitoso espectáculo centrase nun bosque moi profundo onde viven tres cerditos que deciden construír unha casa para protexerse das inclemencias do tempo. Sen embargo, os tres haberán de ter moito coidado para non caer nas poutas do temible lobo. Esta aventura somerxerá aos nenos e nenas nunha experiencia inesquecible.

As entradas pódense adquirir a través de internet, na páxina web oficial do Concello de Ferrol: www.ferrol.es (apartado Axenda Cultural); ou no propio despacho do teatro municipal

16 de maio de 2013 | 19:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.