publicidade hoxe

O teatro As Torres de Santa Cruz, en Oleiros, acolle un recital poético musical este xoves

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalOleiros
A-
A+

O próximo xoves 30 de maio ás 20.00 horas no teatro As Torres de Santa Cruz terá lugar a presentación da Escolma poética titulada VERSUS, da que son coautores Antón Borrazás, Hugo Álvarez, Miguel Queipo, Óscar de Souto e Manuel García Pombo.

Carlos Solla é profesor de lingua galega e foi Premio de Poesía Johan Carballeira no ano 2010 polo poemario MazinGZ, Premio de Poesía Victoriano Taibo no ano 2011 pola obra Holocausto zacoe. Antón Borrazás, deixa constancia escrita da súa denuncia e mais da obriga de arrepórmonos á realidade imposta. Hugo Álvarez achega á antoloxía doce textos traballados en lingua castelá, pertencentes á súa obra Al filo de la cordura. Miguel Queipo presenta dezasete poemas, dos que seis son en lingua galega. Óscar de Souto engádelle ao poemario dezaseis composicións e esta antoloxía finaliza cos poemas de Manuel García Pombo.

28 de maio de 2013 | 17:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.