O suministro de auga permanecerá cortado mañá, venres día 10, dende as 9.00h ata as 14.30h na zona do Casco Histórico
O servizo municipal de Augas está a realizar unha serie de obras de mellora e acondicionamento na rede xeral de abastecemento da cidade. Estas tarefas levan aparellado o corte do suministro de auga, mañá, día 10 de maio dende as 9.00h e ata as 14.30h.
O corte afectará as seguintes rúas e prazas do Casco Vello: Colón, Perigo, Saco e Arce, Bispo Carroscosa, Padilla, Triunfo, Praza da Imprenta, Martínez Sueiro, Cervantes e As Burgas.
Así mesmo, afectará as dependencias municipais situadas na Praza Maior











