publicidade hoxe

O SPAD fomenta a prevención entre o alumnado de educación especial coa película “Enfeitizada”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVilagarcía de Arousa
A-
A+

Medio cento de alumnos do Centro de Educación Especial e da asociación Con Eles participarán o luns, 20 de maio, na sesión do programa “O Cine como elemento de prevención” que desenvolve anualmente o Servizo Preventivo e Asistencial de Drogodependencias (SPAD) de Vilagarcía. A película elixida para traballar no tema da prevención é “Enfeitizada” e a proxección terá lugar no Auditorio a partir das 10:30 horas.

A película elixida polo equipo de Prevención do SPAD para traballar con estes alumnos é “Enfeitizada”. O visionado do film permitirá que os educadores aborden posteriormente cos alumnos e mediante as unidades didácticas correspondentes valores como ser fiel a un mesmo, a xenerosidade e o altruísmo, a toma de decisións propias, a igualdade e a tolerancia.

Sinopse

Todo comeza cando ao nacer, Ella de Frell recibe dunha fada madriña chamada Lucinda o don da perfecta obediencia. Ella vese obrigada a facer todo o que lle piden, aínda que sexa algo absurdo ou perigoso, e apenas pode controlar a súa vida. As cousas póñense feas cando o pai de Ella volve a casar, xa que se encontra de súpeto cunha malvada madrasta chamada Dama Olga, e con dúas sinistras medio irmás, Hattie e Olive, ás que lles encanta observar como Ella obedece a todas as súas peticións. Pero Ella decide independizarse e liberarse dunha vez por todas do feitizo que a aprisiona. Emprende unha busca que a fai atravesar os bosques máis perigosos e escuros do reino, onde encontrará un compañeiro de viaxe, un rebelde elfo. No camiño da súa viaxe ao Castelo do Rei, crúzase co príncipe Char, co que acabará vivindo un verdadeiro conto de fadas. Ella descubrirá o seu poder para loitar polo que realmente quere.

18 de maio de 2013 | 12:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.