O servizo de mantemento viarios de Ferrol instensifica esta semana as súas actuacións no barrio de Santa Mariña
O servizo municipal de Obras, Reparacións e Mantemento de Viarios do Concello de Ferrol, do que se encarga a empresa “Misturas S.A”, centra estes días as súas intervencións no barrio de Santa Mariña.
En concreto, os operarios de “Misturas S.A” teñen previsto traballar durante a xornada de hoxe nos seguintes puntos: Camiño do Tiro, Camiño de Loureiro e rúa Sagrada Famila. Nestes lugares levarán a cabo intervencións con aglomerado.