O servizo de mantemento de viarios do Concello de Ferrol actúa en diferentes puntos do rural
O servizo municipal de Obras, Reparacións e Mantemento de Viarios do Concello de Ferrol, do que se encarga a empresa “Misturas S.A”, centra este inicio de semana as súas actuacións en diferentes puntos da zona rural do municipio. Así, os operarios desta prestación pública levan a cabo tarefas de aglomerado na parroquia de Valón.
Máis polo miúdo, os traballos de mantemento de viarios céntranse en Valón na estrada de Mougá e na estrada de Vilabuíde. Estas intervencións da empresa adxudicataria do devandito servizo enmárcase no Plan de Barrios posto en marcha polo Goberno Municipal que preside Jose Manuel Rey Varela.











